O potencial industrial do medio rural a debate
Foro Económico "O Encontro de Sober".
Setenta ponentes e uns catrocentos asistentes debaten no Hotel Áurea Palacio de Sober, sobre como establecer sinerxias entre a industria e o mundo rural.
Un Foro estructurado nunha vintena de mesas temáticas, organizado polo Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia.
O ámbito educativo, empresarial e político analizan como artellar unha alianza entre o mundo rural e a industria que serva para crear novas oportunidades de cara a fixar poboación.
A actividade pretende abordar retos e oportunidades de sectores como o forestal, mineiro, lácteo, vitivinícola, cárnico, enerxías renovables e emprendemento.