con Marta Rodríguez

Noticias Mediodía Galicia 09/10/2018

Rebaixa de impostos. A petición de convocatoria da Conferencia de Presidentes. Unha Lei de demografía. A ampliación de dereitos para cobrar unha RISGA, o mellor Xacobeo da historia, a aprobación do Teito de gasto no próximo consello da Xunta. A aprobación dos Orzamentos da administración autonómica en tempo e forma. Son algúns dos titulares que deixou Alberto Nuñez Feijoo no seu oitavo debate de Política Xeral como presidente da Xunta de Galicia. Contrapuxo, no seu discurso, a Galicia estable coa España que titubea e movese na corda floxa cun Goberno de Sánchez secuestrado. Prometeu por a disposición de todos os galegos todos os medios da Xunta para combatilo, para evitar que afecte a Galicia. O Debate para a oposición comenza esta tarde. Esta mañá nos corredores do Parlamento de Galicia, os líderes da oposición valoraban as propostas de Núñez Feijoo. Pontón dibuxou un Feijoo “profeta da posverdade” . Leiceaga reprochou o “optimismo” dun presidente “continuista” .Para Villares Feijoo ideou unha “ fábula “ e se esqueceu do sufrimento que causou cos recortes.

ondacero.es

| 09.10.2018 06:00