Explicouno Antonio López, rector da USC, na Brújula de Galicia

Normalidade na Universidade no regreso ás clases online e ausencia de incidencias importantes durante os exames presenciais

O rector da USC explicou que están a agardar a confirmación das autoridades sanitarias para retomar as clases presenciais dentro de dez días. Avanza que, en principio, non haberá novidades nos protocolos xa que «están a funcionar ben».

López constata, en conversa na Brújula de Galicia de Onda Cero, que non houbo incidencias saliantables durante os exames presenciais. Tamén confirmou que o curso pasado houbo unha lixeira suba das notas medias do alumnado e máis estudiantes que se presentaron aos exames.

ondacero.es

Galicia | 08.02.2021 20:54