Monforte na Onda 16/08/17
A Xunta de Galicia amplia o prazo para presentar alegacións o anteproxecto de Lei de saúde de Galicia. Por este motivo, no Concello de Monforte de Lemos queda suspendido o pleno extraordinario e urxente que tiña previsto celebrar hoxe a corporación. Desto e doutros asuntos da actualidade local falamos co alcalde. No programa de hoxe conversamos tamén coa voceira de Esperta Monforte, Maribel García e con Paqui Vázquez, voceira de Pladesapu. Co alcalde de Pantón repasamos programa de festas de Ferreira e outras actividades municipais, e do alcalde soberino recollemos, entre outros asuntos, balance do Túnel do Viño e da Feira da Rosca. Entrevistamos tamén á atleta monfortina Saleta Fernández homenaxeada onte no Campo de A Pinguela.