Más de Uno Monforte de Lemos
Programa completo do 18/04/2024
Monforte de Lemos |
Este sábado conmemórase o 75 aniversario da batalla de Repil e para manter viva a memoria deste feitos e do lugar, celébrase a V Xornada Guerrilleira que promoven entre outros o arqueólogo Xurxo Ayán. Abrimos programa conversando con él e co historiador Santiago Macías que foi quén de recuperar a peripecia vital dun dos guerrilleiros fuxidos neste altercado e finado en Chantada. Conversamos tamén co investigador Mario Bueno que rescatou cartas que os guerrilleiros mandaban aos seres queridos e que presentará tamén nos actos do sábado. Un 13% da poboación afincada en Monforte son emigrantes, segundo os datos que manexa o concello e dos que falamos coa concelleira Gloria Prada. E empezaron as obras de construción do Centro de Maiores que a Deputación de Lugo vai facer en A Pobra do Brollón e que levan tempo agardando no concello. Falamos co alcalde Xosé Lois Maceda. Entre outros asuntos, toca gabinete xurídico e Héctor Silva no espazo de AV10 fálanos de preconcurso e concurso de acredores.