Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 30/10/2024

Programa completo do 30/10/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

O Concello de Monforte súmase ó minuto de silencio convocado pola FEMP polos falecidos e afectados polo temporal na Comunidade Valenciana e Albacete. Solidariedade cos afectados nunha xornada na que, conversando co alcalde de Monforte, José Tomé Roca, repasamos asuntos da actualidade máis próxima. Co arqueólogo Xurxo Ayán, facemos balance da intervención que hoxe rematan no Preguntoiro, con importantes achados que repasa o director do proxecto. E interesante é a iniciativa que para as plantacións de cultivos como o das oliveiras, prepara o CSIC e do que falamos coa investigadora Carmen Martínez con xornada de traballo hoxe en Quiroga. Entre outros asuntos, falamos tamén do regadío Val de Lemos do que hoxe o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, presentou o informe que sobre o mesmo encargou a USC, acompañado do coordinador dos traballos, o catedrático Manuel Marey, sobre a situación desta infraestructura.