Más de Uno Monforte de Lemos 28/11/2024
Programa completo do 28/11/2024
Monforte de Lemos |
Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e conversando co técnico de cultura do concello de A Pobra do Brollón, Xosé Gago, falamos co concurso de tapas que teñen en marcha a partir de maña e no que participan todos os bares do concello. O alcalde de Pantón reclama de Adif que habiliten paso a casas que quedaron illadas en Santo Estevo coas obras de modernización da liña férrea entre Monforte e Ourense, piden arranxo das estradas provincias e repasa o alcalde José Luis Álvarez, outras novas de actualidade no citado concello. Tamén reclama melloras nas estradas provinciais que pasan por Bóveda, o alcalde do citado concello, José Manuel Arias. Con él falamos tamén de obras de mellora que están levando a cabo no pavillón polideportivo municipal. E no pavillón da Pinguela, en Monforte, o alcalde entrega chaves de sete dos 10 locais habilitados, a outras tantas entidades deportivas para que poidan utilizar como local social. E como cada xoves toca gabinete xurídico con AV10, hoxe acompáñanos Javier Leiro e repasa normativa relacionada con despidos a traballadoras embarazadas.