Más de Uno Monforte de Lemos 27/08/2024
Programa completo do 27/08/2024
Monforte de Lemos | 27.08.2024 14:19
Dez nenos saharauis compartiron o verán con familias da zona. Forman parte do grupo de 300 que troxou a Galicia no programa "Vacacións en Paz" a asociación SOGAPAS. Alberto Pérez é un dos coordinadores e con él falamos da iniciativa e da recollida de alimentos e material sanitario que teñen en marcha para enviar os campamentos de refuxiados. Iniciados na D. O Ribeira Sacra os controis de maduración que fixarán a data de comezo da vendima, aínda que algúnha adega empezará xa este xoves a meter uva dunha campaña que preocupa a moitos viticultores que aínda non teñen que lle merque a colleita. Repasamos situación conversando con Antonio Lombardía, presidente do Consello Regulador. Fotografía nocturna e sen cámara é a proposta do profesor Ramón Casanova Fernández nun obradoiro que vai levar a cabo este mércores nas viñas de Abadía da Cova e da que nos fala no programa deste martes. Entre outros asuntos, recuperamos tamén explicacións do alcalde de Monforte sobre como vai ser o novo aparcadoiro do polígono do Reboredo cuxas obras veñen de ser adxudicadas pola Xunta de Goberno.