Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 27/02/2025

Programa completo do 27/02/2025

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Xoves de comadres con moita participación en Monforte e comarca, como exemplo o concello de Sober que prepara para este sábado desfile e Baile da Cachucha, falamos co alcalde Luis Fernández Guitián. Do martes de entroido en Monforte e deste xoves de comadres falamos coa concelleira de Cultura Marina Doutón. Axudan a mantela tradición moitos colectivos e centros de ensino, do papel que xogan estes falamos coa profesora Sara Martínez, profesora no Ceip A Gándara e tamén no colexio de A Pobra do Brollón. Olalla García é a traballadora social de Albores, encargados de facer as comadres que decoran a Praza de España, con ela falamos do traballo realizado nas últimas semanas para ter todo listo para esta festa. Entre outos asuntos toca gabinete xurídico e preguntamos a Héctor Silva sobre a legalidade dos grupos de WhatsApp para avisar de controis de tráfico. En Pontevedra vén de dictarse a primeira sanción en España contra un destes grupos.