Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 26/01/2023

Programa completo do 26/01/2023

Manuela Porto

MONFORTE DE LEMOS | 26.01.2023 14:17

Unha semana de residencia literaria leva no Museo do Pazo de Tor a poeta Yolanda Castaño. Conversando con ela abrimos o programa de hoxe. CIG - Saúde reclama que se habilite unha nova consulta de oftalmoloxía no Hospital Comarcal de Monforte. Explica os motivos o delegado do citado sindicato Vicente Vázquez. Empezaron as obras de arranxo do firme da estrada N 120 demandado dende diversos ámbitos. Unha das últimas peticións saíu do concello de Quiroga e hoxe falamos co alcalde Julio Álvarez. O concello de A Pobra do Brollón pon en marcha un ciclo de obradoiros sobre o arte do brindo. Conversamos con Sara Marchena, unha das monitoras dos citados talleres. E o colectivo Segredos de Pantón traballa na recuperación de figuras tradicionais do entroido en lguares como Budián ou Acedre, falamos da iniciativa con Lucas Vázquez, presidente do citado colectivo. E entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, temos como cada xoves gabinete xurídico con Abogados Vigo10, Javier Leiro repasa hoxe lexislación relacionada coas gardas nas empresas.