Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 24/10/2022

Programa completo do 24/10/2022

Manuela Porto

MONFORTE DE LEMOS | 24.10.2022 14:16

Arde unha casa na rúa Aceña Nova en Monforte, abrimos coa última hora deste suceso conversando co sarxento do Parque Comarcal de Bombeiros, Tomás Losada. Sobre as potencialidades que ten a Ribeira Sacra en varios ámbitos, celebra hoxe un Foro en Pantón a CEL coa colaboración da Xunta. Falamos da iniciativa con Jaime López, secretario da Confederación de Empresarios. Celebramos hoxe o Día das Bibliotecas, aproveitan no Ceip Monforte para inaugurar a biblioteca que veñen de reformar con axuda económica da Consellería de Educación. Falamos con Teresa Fernández, a nova directora do citado Colexio. Agradecen os veciños do Barrio do Hospital o novo parque que habilitou na zona o concello. Recollemos valoración da Asociación de Veciños conversando co presidente, Miguel Pino, nunha xornada na que o alcalde presenta acondicionamento de 5 rúas das que 3 son do citado barrio, algo que tamén agradecen. Entre outros asuntos conversamos tamén co voceiro do BNG en Monforte, Emilio Sánchez, repasamos con él iniciativas que levarán ao pleno do día 31.