Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 23/09/2024

Programa completo do 23/09/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 23.09.2024 14:19

Adxudicadas obras no Mercado Gandeiro de Monforte e no Camiño de A Babela por importe superior os 217 mil euros. Investimentos que presentaba o alcalde de Monforte ao remate da Xunta de Goberno. Co voceiro do BNG, Emilio Sánchez, repasamos iniciativas que levan ao pleno do próximo luns e acto informativo que organizan para este martes sobre a liña de evacuación do parque eólico proxectado no Saviñao. E fronte común dos alcaldes da Ribeira Sacra para reclamar a fin dos recortes educativos en colexios da zona, reclaman dende Interior Galego Vivo, petición da que da conta a voceira de Agroma Sober, Paula Vázquez Verao. Cun corcerto de Rosa Cedrón recuperaba actividade este domingo a Asociación de Amigos do Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra, dende a directiva Manuel López Eiriz agracede a acollida e repasa próximas actividades. E este mércores abre temporada a Sociedade Filarmónica de Monforte que ten xa varios concertos preparados de cara os próximos meses e anticipa os máis inmediatos o presidente Antonio Prado Cortiñas. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.