Más de Uno Monforte de Lemos 19/11/2024
Programa completo do 19/11/2024
Monforte de Lemos |
Finalmente foron 15 adegas as que solicitaron destilación de crise na D.O Ribeira Sacra, en total uns 350 mil litros os que saen do mercado. Repasa datos o presidente do Consello Regulador, Antonio Lombardía, no espazo que cada martes adicamos ao sector vitícola acompañados do técnico Alfonso Losada. Conversamos coa voceira do PP, Kati Varela, que presenta iniciativas do seu grupo de cara ao próximo pleno, e fai unha primeira valoración dos orzamentos que para o concello de Monforte vén de presentar o alcalde. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, falamos tamén da formación que Renfe está impartindo aos maquinistas que van a circular pola reformada liña entre Ourense e Monforte e que nos explica Antonio Martín, delegado do Sindicato de Maquinistas. E repartindo xa en Paiporta material que nas últimas xornadas recolleitou polo sur de Lugo o adegueiro Pablo González, impulsor dunha segunda viaxe á zona afectada pola DANA.