Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 17/10/2024

Programa completo do 17/10/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Abrimos repasando a información máis próxima e conversando co arqueólogo Xurxo Ayán que dirixe unha nova intervención no Preguntoiro, que se vai desenvolver durante duas semanas, e que financia a Consellería de Cultura. Esperta Monforte presenta unha moción no concello para debate no próxima pleno pedindo que se paralice o proxecto de urbanización da denominada Zona D. Conversamos co voceiro deste grupo, Germán Vázquez, que explica o porque da petición. Con Roberto Castro, presidente do Xeoparque Montañas do Courel repasamos en que van a empregar os 25 mil euros que lles vén de outorgar a Deputación de Lugo. Falamos de teatro coa actriz Fina Calleja que con Sarabela, actúa hoxe en Monforte. Entre outros asuntos, como cada xoves temos gabinete xurídico e Héctor Silva repasa delitos contra o patrimonio.