Más de Uno Monforte de Lemos 17/09/2024
Programa completo do 17/09/2024
Monforte de Lemos | 17.09.2024 14:17
Abrimos co resumo da información máis próxima e co espazo adicado ao sector vitivinícola no que con Alfonso Losada falamos co director técnico da D.O Rioja, Pablo Franco que nos explica como controlan con IA o rendemento por hectárea. Co director do MUFERGA, Luis Blanco repasamos o plan de actuación que vén de aprobar o Padroado da Fundación que xestiona estas instalacións nas que a Asociación de Amigos do Museo entregaron Medalla de Ouro ó ex-ferroviario Germán López Quigoa, que xa era socio honorífico. E en vésperas de conmemorar o Día Internacional do Alzheimer conversamos tamén con Manuel Carballedo, traballador social de AFAMÓN, asociación que leva desde 2001 atendendo a enfermos con esta doenza e os seus familiares.