Con Manola Porto

Más de uno Monforte de Lemos 17/06/2024

Programa completo do 17/06/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Repasamos novas da actualidade máis próxima e a primeira conversa será con Beatriz Vázquez, directora dos Xograres de Lemos que teñen novo disco e esta tarde celebran Festival de Primavera no Multiusos. Un 40% das vivendas de Monforte están baleiras segundo datos que manexa a ONG Provivienda, un asunto que analizarán nun acto que preparan para este venres e do que falamos con Iago Prado é o Responsable Territorial de Protección Internacional da citada ONG que ten oficina aberta nesta cidade desde xaneiro de 2023. Esperta Monforte presenta mocións que levará ao próximo pleno do día 24 nas que reclama piscinas públicas ao aire libre e que se contrate psiquiatra e psicólogo para a Unidade de Atención á Drogodependencia, profesionais polos que nun dos casos leva o citado centro agardando máis de tres anos. Presentado o cartel das Festas Patronais de Monforte resultado dun concurso que por terceira vez gaña o murciano Rubén Lucas García. Falamos con él e escoitamos tamén que comenta do cartel e do concurso o mandatario local que hoxe presentou tamén obras de mellora na pista do aeródromo das Lamas. Entre outros asuntos, tempo tamén para o espazo de saúde buco dental con María José Martín Díaz.