MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 16/11/2022
Programa completo do 16/11/2022
MONFORTE DE LEMOS | 16.11.2022 14:30
Abrimos programa conversando cos promotores de dous dos proxectos premiados no concurso Semente Ribeira Sacra. Con Santiago Rodríguez que vai poñer en marcha unha granxa de galiñas en Ayaz e con David Blanco que ten xa en marcha unha empresa para realizar tratamentos con drons. Con Miguel Tomé, concelleiro de medio ambiente do Concello de Monforte, falamos da campaña informativa que teñen en marcha para incrementar a recollida de aceite usado. Falamos tamén coa voceira nacional do BNG, Ana Pontón que participou hoxe en Monforte na concentración convocada polo BNG diante o Hospital Comarcal, en defensa da Sanidade Pública, tras reunirse coa xunta de persoal. E a CIG convoca a concentrarse de novo diante o concello ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar. Preguntamos como van as negociacións do convenio colectivo a Xosé Manuel Silva, secretario local do sindicato convocante. Inaugurada a urbanización da denominada zona C, explica o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, que se fixo no lugar e novos proxectos urbanísticos que teñen previsto executar noutros puntos da cidade. E hoxe celébrase o Día Mundial do Patrimonio, unha data que conmemorará o Consello da Cultura Galega en Monforte este venres e sábado con varios actos que teñen organizados no Colexio dos Escolapios e repasamos con Rebeca Blanco, coordinadora da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do propio Consello. Entre outros asuntos, recollemos balance do Fórum de Cidades e Territorios Creativos de España que organizou tamén actividades na Ribeira Sacra e con profesionais da zona. Falamos delo coa presidenta de España Creativa, a monfortina Belén Elisa Díaz.