Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 15/11/2022

Programa completo do 15/11/2022

Manuela Porto

MONFORTE DE LEMOS | 15.11.2022 14:21

Abrimos programa co espacio adicado ao sector vitícola e falamos co técnico Alfonso Losada e o investigador Jesús Yuste, da viticultura ante o cambio climático. O concello de A Pobra do Brollón retirará o título de "alcalde honorario perpetuo" a Francisco Franco, revocando un acordo plenario de 1967. O pleno extraordinario no que se abordará esta cuestión servirá de recoñecemento ao alcalde Antonio Reboiro Rodríguez, represaliado en 1936. Falamos da iniciativa co rexedor de A Pobra, Xosé Lois Maceda co que repasamos outros asuntos de actualidade no citado concello. E este xoves será proclamada a nova directiva do CCU de Monforte na Asamblea de socios que teñen convocada. Repasamos nomes desa nova directiva co xerente, Ángel Folgueira. E reactívase a Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Monforte que prepara para o día 29 un acto informativo sobre a situación sanitaria desta área do que falamos coa presidenta e voceira da citada Plataforma, Paqui Vázquez. Conversamos tamén con Rosana Prieto, voceira do BNG de Pantón que reactivan hoxe actos reivindicativos reclamando un terceiro médico para o Centro de Saúde de Pantón. Para maña teñen convocada concentración diante o Hospital Comarcal de Monforte.