Más de uno Monforte de Lemos 14/06/2024
Programa completo do 14/06/2024
Monforte de Lemos |
Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos con recomendacións literarias de Jacobo Agrasar. Conversamos tamén co escritor monfortino Suso Vila que este sábado presenta o poemario "Estanque de Tormentas". Cunha charla sobre o románico na Ribeira Sacra comezan hoxe as Xornadas do Románico de Pantón, falamos coa arquitecta e paisaxista Isabel Aguirre que será a primeira conferenciante. Dinamizar as parroquias é o obxetivo das "Foliadas Guímaras" que se celebran no concello de A Pobra do Brollón. Hoxe toca festa en Fornelas e danos máis datos o técnico de cultura, Xosé Gago. Ascende á primeira división o Club Natación Monforte que busca lugar para entrenar a partir de outubro que pechará a piscina de A Pinguela por obras de reforma. Cóntanolo a presidenta do Club, Raquel Escudero. Falamos tamén de taekwondo co adestrador do Neka, José María Vega, camiño do Open de Madrid que se vai celebrar este sábado. Entre outros asuntos recollemos tamén as queixas do grupo provincial do PP por non poder acceder esta maña o parque comarcal de bombeiros. Un feito que denuncia o voceiro, Antonio Ameijide.