Más de uno Monforte de Lemos 14/05/2024
Programa completo do 14/05/2024
Monforte de Lemos |
Abrimos co espazo adicado ao sector vitivinícola e co técnico Alfonso Losada converamos co enólogo Federico Ponce, o primeiro enólogo e traballar na Ribeira Sacra mesmo antes de poñerse en marcha a D.O. O Xeoparque Montañas do Courel súmase con varios actos á celebración da Semana Europea dos Xeoparques. Repasamos actividades con Martín Alemparte. Visita a Conselleira do Medio Rural a plantación de castiñeiros da comunidade de Parada de Montes da que falamos con José Luis Chan, director xeral de Planificación e Ordenación Forestal. Co presidente do Consello Reitor de CESUGA, Venancio Salcines, facemos balance do Foro Económico "O encontro de Sober" e entre outros asuntos falamos tamén de libros, dos que Jesús Parada Jato, presenta esta tarde na Libraría Pelayo.