Monforte de Lemos |
Abrimos repasando as moitas actividades programadas para esta mesma tarde e de cara a fin en Monforte e comarca. Entrevistamos a Roberto Castro a poucas horas de ser nomeado alcalde do concello de Ribas de Sil, e entre outros asuntos conversamos tamén co mestre belenista José Antonio Dávila, autor do belén que dende este venres pode ser visitado na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte. É o quinto ano que se encarga él desta decoración.