Más de Uno Monforte de Lemos 01/10/2024
Programa completo do 01/10/2024
Monforte de Lemos | 01.10.2024 14:19
Ábrese o prazo para que as adegas da D.O Ribeira Sacra soliciten destilación de crise. Trámites e axudas que repasamos conversando con Juan José Cerviño, director xeral da PAC e do Control da Calidade Alimentaria, da Consellería do Medio Rural. Aprobada no pleno de Monforte unha iniciativa da ANPA do IES Río Cabe para reclamar á Consellería de Educación máis mestres para o citado Instituto. Interveu na sesión a presidenta da Asociación de pais e nais, Diana Nogueira, e hoxe falamos con ela. O IES da Pinguela acolle o venres e sábado unhas xornadas sobre ciberseguridade para estudantes e tamén para o público en xeral. Repasamos esta e outras iniciativas do centro co director do mesmo, Enrique Sampil. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, conversamos tamén co alcalde do Saviñao Carlos Armesto, últimas novidades relacionadas co parque eólico que se proxecta no citado concello, asuntos do último pleno alí celebrado e curiosidades da rodaxe que por terras do Saviñao levou a cabo o director monfortino Dani de la Torre, que grava nova película.