Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 01/02/2023

Programa completo do 01/02/2023

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 01.02.2023 14:18

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" que hoxe adicamos a Estudio Gnomo. Unha iniciativa posta en marcha por dous emprendedores, Iria Iglesias e Dani Viéitez, que cambiaron Vigo polo Concello de Pantón e desde Galegos, escriben e ilustran libros e fan deseño gráfico e webs. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte convoca para o luns unha concentración na Praza de España. Lidia López, Samanta Albarrán e Mirian Casas, son as novas voceiras da Plataforma citada e repasamos con elas os motivos polos que preparan esta e outras mobilizacións. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, conversamos tamén coa voceira do PP, Kati Varela, que vén de ser confirmada como candidata á alcaldía de Monforte.

Cargando...