MÁS DE UNO MONFORTE 27/01/2023
Programa completo do 27/01/2023
MONFORTE DE LEMOS | 27.01.2023 14:31
Abrimos programa conversando coa directora do Hospital Comarcal, Inma Ramos, sobre o servizo de oftalmoloxía, fai balance das vacinas da Covid que se levan posto na zona, e polo que respecta a casos diagnosticados, hai 5 pacientes ingresados con coronavirus e un con gripe A. E proclamadas as candidaturas definitivas para renovar 15 consellos reguladores, entre eles o da D.O Ribeira Sacra, queda definitivamente fora do proceso José Manuel Rodríguez que exerceu de presidente desde que se creou a D.O. Falamos con él do proceso e da súa ausencia do mesmo. E o Consello da Xunta declara iniciativa empresarial prioritaria a planta que Indukern vai poñer en marcha no Polígono de Monforte, escoitamos falar delo ao presidente da Xunta Alfonso Rueda. E veciños do barrio da Estación denuncian ante a valedora do pobo os cortes que sufren no suministro de auga, explica os motivos un dos veciños afectados, tamén empresario na zona.