MÁS DE UNO MONFORTE 27/01/2021
Programa Completo 27/01/2021
Monforte de Lemos | 27.01.2021 14:23
Abrimos programa repasando a incidencia da covid na zona. Segue subindo o número de positivos en case todos os concellos e tamén nos centros de ensino. O IES Río Cabe con 27 é o segundo Instituto de Galicia que máis casos ten. Entre os sectores afectado pola pandemia están os taxistas. Hoxe adicámoslle a estes profesionais o espazo "Facendo Empresa" e falamos cun deles, José Jacobo. A pandemia ten suspendidas as actividades da Asociación de Amigos do Camiño de Inverno. Conversamos coa presidenta, Aida Menéndez. E estrean páxina web dúas asociacións, a de Vilachá de Salvadur e o Colectivo Segredos de Pantón. Repasamos obxetivos cos dous presidentes Xurxo Martínez e Lucas Vázquez.