Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 23/04/2021

Programa completo 23/04/2021

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 23.04.2021 14:24

Exposicións e obradoiros para celebrar o Día do Libro en concellos como o de Bóveda e o de Sober. Repasamos actividades que organizaron para este día con Miriam Palmón e Dunia Rodríguez. Para o mes de xullo prepara a Unesco a reunión do Comité que deberá decidir sobre a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade. Entrevistamos a Mario Crecente, coordinador desta Candidatura. E da relación entre os guerrilleiros abatidos en Repil e a Cidade da Selva, falará hoxe Carlos Tejerizo, director do proxecto Sputnik Galego, dentro dos actos da Semana da Memoria Histórica que se está celebrando en Cereixa. Co organizador, Xurxo Ayán, repasamos tamén as actividades programadas para a fin de semana. E Campionato Galego de Taekwondo en Monforte o domingo, buscamos a última hora conversando co adestrador do Neka, José María Vega.