MÁS DE UNO MONFORTE 11/10/2022
Programa completo do 11/10/2022
MONFORTE DE LEMOS | 11.10.2022 14:48
Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola repasando premios da Cata de Aosta, á que foron como catadores, en representación da Ribeira Sacra, Maira Ratón e Gelín Fernández que nos falan da experiencia. Entre os premiados hai viños da adega EDV galardoados tamén en Vinduero, en Salamanca, conversamos co adegueiro Pablo González, acompañados tamén do técnico Alfonso Losada. Obras no encoro de Os Peares provocan a suspensión das viaxes que en atamarán oferta polo Miño a Deputación de Lugo que seguirán ata decembro coas rutas polo Sil. Facemos balance das mesmas coa deputada da Área de Turismo, Pilar García. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, conversamos tamén con Jorge Vila que hoxe presenta en Sober o libro que publicou sobre a Muralla de Monforte, e con Alexandra Seara, xerente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, falamos do Festival de Muralismo que teñen organizado entre o 13 e o 21 de outubro.