Con Manola Porto a

MÁS DE UNO MONFORTE 06/07/2021

Programa completo do 06/07/2021

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 06.07.2021 14:13

Xa empezan a pintar as uvas na ribeira. Repasamos o estado das memas e no espazo que cada martes adicamos ao sector vitícola, co técnico Alfonso Losada, falamos tamén hoxe do estudo feito sobre a variedade mencía, cun dos autores do mesmo, o xefe de Extensión Agraria na comarca de Lemos, Iván Vázquez. Falamos do paro na comarca de Lemos e da negociación do convenio colectivo para os traballadores do servizo de limpeza e recollida do lixo, con Mario Docasar, secretario local de acción sindical de CCOO. Entre outros asuntos falamos tamén de libros, con Ada Agrasar do que veñen de publicar sobre a Condesa Catalina de la Cerda e atendemos o que vén de publicar a Deputación de Lugo da historiadora Manuela Sáez sobre o patrimonio do VII Conde de Lemos.