MÁS DE UNO MONFORTE
No espazo adicado ao sector vitícola hoxe falamos da adega Tear e da vendima noctura feita por EDV. De turismo de benestar que se quere fomentar na Ribeira Sacra falamos co Edgar Tarrés. Tamén atendemos á cata de aceite que se prepara para este martes en Quiroga para dar a coñecer o resultado dun proxecto de investigación sobre variedades autóctonas. Entre outros asuntos, repasamos temporada de volei que empezaron CV Ribeira Sacra e Korbis conversando cos directores técnicos destes clubes.