Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 28/05/2020

Abrimos repasando historia local co investigador Felipe Aira que nos fala da poboación e do comercio que había en Monforte en 1910. O confinamento disparou a demanda de piscinas, falamos delo cun dos responsables de Instalaciones del Valle, Xoel del Valle. Da desescalada no turismo da Ribeira Sacra falamos coa xerente do Consorcio, Alexandra Seara. A voceira do BNG no concello de Pantón, Rosana Prieto, repasa propostas que levan ao pleno. Rematamos programa resumindo outros asuntos da actualidade máis próxima.