MÁS DE UNO MONFORTE 27/03/2020
Plan de entrega da compra a domicilio en marcha en Monforte cos voluntarios da Cruz Vermella. Falamos delo con Manuel María López. Entrevistamos á directora da Residencia da Terceira Idade de O Incio, Mariló Rodríguez. Repasamos como vai o confinamento no concello de O Saviñao conversando co alcalde, Carlos Armesto. Repasamos co delegado da Xunta en Lugo, Xosé Manuel Balseiro, os requisitos establecidos para realizar actividade agrogandeira. E falamos tamén co músico Alexandre González que ofrece concerto en directo este sábado vía Facebook do concello de A Pobra do Brollón..