Entrevista ao presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil

José Antonio Quiroga: «A Xunta actuou tarde, mal e a rastras»

O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil mantén que a apertura dos expedientes sancionadores por parte da Consellería de Medio Ambiente demostran que é este departamento o que tén as competencias, e as ferramentas, para actuar no caso do baleirado dos encoros. José Antonio Quiroga afirma, en entrevista na Brújula de Galicia de Onda Cero, que desde o Goberno galego estiveron «laiando» e «perdendo un tempo precioso en vez de actuar». Asegura que o protocolo que seguiron este verán foi o mesmo que se aplicou en ocasións anteriores. O responsable da Confederación Hidrográfica confirma que non recibiron a notificación oficial do expediente aberto pola Xunta e recoñece que, polo de agora, non mantivo interlocución directa coa conselleira de Medio Ambiente.

ondacero.es

Galicia | 06.09.2021 20:26