Gente Viajera de Galicia 20-05-2016
Os nosos viños van ser os nosos guías para percorrer Galicia desde a Ribeira Sacra, participando nas V Xornadas de portas abertas das rutas dos viños, ata Vilaboa para coñecer a identidade dos seus viños atlánticos que protagonizan unha nova mostra na localidade pontevedresa. No tempo da entrevista viaxamos ata Cuba da man do músico Roi Casal, o galego viaxeiro que esta semana nos visita para presentarnos o seu novo traballo "Son galego, son Cubano". Ademais, repasamos a actualidade da semana e marcamos unha axenda de ocio para desfrutar da fin de semana