Gente Viajera de Galicia (05-05-2017)
A nova "Estratexia do Turismo de Galicia 2020" centra a nosa atención ao longo do programa: coñecemos as liñas de traballo que sector e Xunta marcan como estratéxicas para posicionar á nosa comunidade como destino tranquilo e de calidade de referencia. No tempo da entrevista coñecemos a viaxe solidaria a Marrocos das ópticas galegas, Verónica Alfonsín e María López. Como cada venres marcamos axenda para a fin de semana e propoñemos unha viaxe express: as visitas guiadas da USC.