OBITUARIO

Falece Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia suspende toda a actividade , o Executvio galego anula axenda. Conmoción pola morte do conselleiro, Valeriano Martínez, home da absoluta confianza de Alberto Núñez Feijóo a quen encomendou o control das contas públicas dende 2015. Falecía entorno as 13h30 no seu despacho de San Caetano, onde foi atendido polos servizos de emerxencia que nada poideron facer por salvarlle a vida.

ondacero.es

Galicia | 06.10.2021 14:44

Falece Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia | EFE/ Óscar Corral

Condolencia dos partidos

O Partido Popular de Galicia lamentaba a "perda dun servidor público exemplar", tamén o BNG e o PSdeG mostraban as condoloncias pola perda á familia e amigos e os seus compañeiros do PPdeG e do Executivo galego.

Valeriano Martinez era natural de Aldán , en Cangas. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariales pola Universidade de Santiago de Compostela, diplomado en Gestión de Gerencia Hospitalaria pola Escola de Alta Dirección e Administración.