Entroido de Verín 2023

O Entroido de Verín en Onda Cero Galicia, é o momento

Onda Cero Galicia desplazou os seus micrófonos á praza García Barbón de Verín para vivir unha nova edición do Entroido de Verín

Onda Cero Ourense

Verín | 17.02.2023 11:57

Angeles San Luis no Entroido de Verín | Onda Cero Ourense
Galicia en la Onda, especial Entroido de Verín

Onda Cero Galicia, con Ángeles San Luis a cabeza e Luis Cerdeira os mandos técnicos (Carlos Otero desde os estudios centrais de Santiago de Compostela) desplazouse ata a praza García Barbón de Verín para realizar o programa "Galicia en la Onda" desde Verín e celebrar así unha nova edición do Entroido.

O xoves de comadres de 13:05 a 14:00 horas, Verín e o seu entroido sonou en toda Galicia.

Entroido de Verín en Onda Cero Galicia | Onda Cero Ourense

Entroido de Verín 2023

Gerardo Seoane, alcalde de Verín

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, recibiu a Onda Cero Galicia na Praza García Barbón de Verín e deu a benvida a toda Galicia ó entroido de Verín porque é o momento.

Gerardo Seoane, alcalde de Verín | Onda Cero Ourense

Diego Lourenzo, tenente alcalde do Concello de Verín

O tenente alcalde do Concello de Verín contounos que é o ano de recuperar o entroido de toda a vida despois de unhos anos de máis dificultades

Diego Lourenzo, tenente alcalde do Concello de Verín | Onda Cero Ourense

Emilia Somoza, concelleira de cultura e festexos do Concello de Verín

A concelleira de cultura e festexos, Emilia Somoza, explicounos con detalle as actividades que ten previstas o Concello de Verín para a edición de 2023 do Entroido de Verín

Emilia Somoza, concelleira de cultura e festexos do Concello de Verín | Onda Cero Ourense

Olga Rivera e Mariluz, entroideiras de Verín

Olga e Mariluz falaronnos de cómo viven algo tan especial cómo é o entroido en Verín

Olga Rivera e Mariluz, entroideiras de Verín | Onda Cero Ourense

Fernando Fumaces, pregoeiro do Entroido de Verín

O pregoeiro do Entroido de Verín é unha das personaxes máis populares nos últimos anos dun dos entroidos máis destacados de Galicia, o de Verín.

Renato, cigarrón

Un dos cigarróns que percorreron a praza de García Barbón de Verín explicounos e contounos con moita emoción o que significa para él ser "Cigarrón"

Renato, cigarrón en Onda Cero Galicia | Onda Cero Ourense

Luis da Alacena convidounos a orellas de Carnaval

As orellas de carnaval da Alacena de Luis acompañaronnos durante todo o especial de Onda Cero Galicia. O entroido de Verín é tan especial que o vive como seu alguén cómo Luis que naceu e viviu toda a súa vida en Cádiz e que se permite o luxo de vivir dous dos entroidos máis peculiares de España (Cádiz e Verín) e desfrutar da maxia e as particularidades de cada un deles.

Luis e a súa Alacena no entroido de Verín | Onda Cero Ourense

Angeles San Luis conductora do Especial "Entroido de Verín 2023"

Angeles San Luis, conductora deste especial Entroido de Verín en Onda Cero Galicia, levou as emocións desta nova edición do Entroido os corazóns de todos os galegos

Angeles San Luis no Entroido de Verín | Onda Cero Ourense

Luis Cerdeira no especial entroido de Verín de Onda Cero Galicia

O especial "Entroido de Verín 2023" emitiuse para toda Galicia a través de todo o circuito rexional de emisoras de Onda Cero Galicia o xoves 16 de febreiro de 13:05 a 14:00 horas pero, ademáis, pudo seguirse desde calquera lugar do planeta grazas a internet (tanto en directo como en formato podcast). Esto foi posible gracias á imprescindible a labor dos técnicos de son. O especial "Galicia en la Onda" desde Verín contou co traballo técnico de Luis Cerdeira (desde a Praza García Barbón de Verín) e Carlos Otero no control central de Onda Cero Galicia en Santiago de Compostela.

Luis Cerdeira na praza García Barbón de Verín | Onda Cero Ourense
Revive o programa completo "Galicia en la Onda" especial Entroido de Verín 2023