Os traballadores de Losán na Coruña protestan pola falta dun plan de viabilidade e estar sin cobrar as últimas cinco nóminas
Nova protesta dos traballadores do Grupo Losán diante das oficinas centrais na Coruña. Por certo, durante a protesta, o presidente do comité recibiu unha mensaxe do presidente do grupo, Luís López Rico, a través de Alberto Artaza, coa intención de presentar o vindeiro 11 de maio o ansiado plan de viabilidade que agardan os 200 traballadores das fábricas de Curtis e Vilasantar, ademáis dos das oficinas centrais, que suman catro nóminas sin cobrar, ademáis da paga de beneficios.
Este venres haberá nova protesta, con saída dende a delegación da Xunta en Monelos ata as oficinas centrais, dado que tanto a Xunta como o goberno central, a través da SEPI, concederon axudas millonarias á dirección de Losan, pero agora o que hai é unha débeda duns 250 millóns de euros.
Protesta dos traballadores do grupo Losán diante da central, na Coruña