"A paisaxe que sabe" deleita ós visitantes no espacio da Deputación da Coruña en Madrid Fusión
A Deputación da Coruña está apoiando por cuarto ano seguido a empresas e empresarios da provincia para que se proxecten na gran feira internacional da gastronomía que supón Madrid Fusión. O espacio xa foi visitado este luns por miles de profesionais e visitantes que degustaron e disfrutaron cos productos coruñeses e as demostracións feitas por cociñeiros de renome e os empresarios presentes no espacio provincial.
Madrid |
Un ano máis, e xa van catro, vemos as duas facianas que presenta o espazo da Deputación da Coruña. Por un lado están os emprededores que mostran e dan a degustar os seus productos nesta feira internacional da gastronomía. Así podemos ver os Biosbardos, dende Lendoiro-Cambre, Enoturismo María Manuela dende Boqueixón, A Conserveira de Ribeira, Gallegas de Nata en A Coruña, a queixeira Galmesán en Arzúa, Bonilla a la Vista, tamén da Coruña, a compostelana Chichalovers, e La Despensa D´Lujo, de Coristanco.
Da outra parte, están o escenario, con cociña incluída na que se fan as presentacións e degustacións dos productos que levan os citados emprendedores. Neste sentido, tamén hai que destacar a presencia de cociñeiros de prestixio que participaron ou participarán nesta edición de Madrid Fusión. Lucía Freitas, coa sua estrela Michelín, dende o restaurante A Tafona de Santiago de Compostela, Fabián Mouzo do restaurante O Camiño Fala, e dende o restaurante Balarés de Ponteceso cociñarán Silvia Facal e Rafa Varela.
E sen esquecer as ponencias e catas de viño, a cargo de Alejandro Padín, sumiller e formador. E as de Óscar Ramil, xerente da Denominación de Orixe do queixo Arzúa-Ulloa.
A xornada do luns comezou coa presentación de Pablo Suárez, de Gallegas de Nata, galletas que gozan xa dun prestixio. Tamén asistimos á degustación de fabada a cargo de Lucía, de La Despensa D´Lujo.
Pero non pararon ahí as presentacións e degustacións, dado que se dan cada hora. Carmela e Diego, dende a queixeira Galmesán e A Conserveira, presentaron a sua fusión de ideas coa degustación de ventresca de bonito do norte en mantequilla de Galmesán.
A medida que pasaban as horas e chegaba o momento de comer, a expectación seguía medrando, coa presencia de profesionais da hostelería en cada demostración. Dende cociñeiros que son empregados en restaurantes de Madrid, como de cociñeiras que viñeron dende Zaragoza, por exemplo, e que tamén teñen o seu local de hostelería no que experimentan con productos para ofercer o tapeo correspondente ós clientes.
Neste sentido tamén causou unha gran impresión a degustación dos callos galegos, ó estilo de carnés feita por Fabián Mouzo. E é que por Madrid e a sua contorna non se emprega o garbanzo e as especias, algo que fan diferencial o callo cociñado en Galicia. A impresión foi moi boa entre os asistentes.
En Más de Uno Coruña e Más de Uno Compostela tivemos a oportunidade de contar todas estas experiencias e coñecer un pouco máis aos novos emprendedores que están este ano en Madrid Fusión gracias a Deputación da Coruña para promocionar "A paisaxe que sabe", tanto por saber como por sabor.
Neste sentido falamos con Miguel e a sua iniciativa dos Biosbardos, en Cambre. E tamén con PAblo Suárez, que estaba na compañía da sua filla Guisela con Galicia de NAta. Pablo forma parte dunha familia que pasteleiros que quere darlle continuidade á tradición familiar na figura da sua filla.
Tamén coñecemos a queixería de Galmesán, en Arzúa, gracias a sua promotora, Carmela. E Diego de Noia, que repite en Madrid Fusión, falounos de A Conserveira, unha pequena empresa conserveira situada en Ribeira.
E rematamos comunicación co vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo, Xosé Regueira, dando conta do apoio que lle están dando a máis de 160 promotores, coa presencia nestes eventos que lle dan máis visibilidade de producto e de negocio ás suas empresas nestas feiras.
No caso de Madrid Fusión, ainda quedan por diante dous días máis con miles de contactos, miles de asistentes, e unhas vintecinco degustacións para que eses asistentes confirmen como o producto que se expón ten logo a sua aplicación gastronómica en deliciosos platos que se van tapeando no stand da Deputación da Coruña neste Madrid Fusión en IFEMA.