Louzás por Lonzas, Santiso por San Tirso, Figueiroa por Figueroa...
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informaba, tra-lo consello do luns, os trocos nos topónimos de lugares e concellos de Galicia aprobados, tra-la proposta da Real Academia Galega. Entre eles figuran o de Louzás por Lonzas. Ou o de Santiso, en Mabegondo-Abegondo, por San Tirso. Achégamonos a o novo Louzás, onde dous veteranos do lugar, Manuel e Antonio dinnos que nunca empregaron o novo topónimo. E dende Abegondo, o seu alcalde, Pepe Santiso, deixa claro que non tivo que ver no cambio do topónimo, que coincide co seu apelido. E mesmo nos conta que o Marqués de Figueroa non está de acordo polo novo topónimo, Figueiroa.
O lugar de Lonzas pasará a chamarse Louzás