Henrique Monteagudo, novo presidente da Real Academia Galega
Substitúe no cargo a Víctor Freixanes.
A Coruña |
Henrique Monteagudo convértese este venres no novo presidente da Real Academia Galega. A súa foi a única candidatura que se presentou para substituir a Víctor Freixanes, que deixou o cargo hai uns días tras cumprir o máximo de dous mandatos.
Nacido en Muros en 1959, Monteagudo é catedrático de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Entrou na Academia en 2012 e coordina o Seminario de Sociolingüística da institución. Exerceu como secretario da RAG entre 2013 e 2021 e asumiu a vicesecretaría en marzo do ano pasado.
O pleno extraordinario para a súa elección celébrase no Concello da Coruña, xa que na sede da Academia, na rúa Tabernas, continúan as obras de reforma integral.