A Cátedra Aldaba fomenta a vocación tecnolóxica das nenas cos campamentos TIC
Achégamonos ó Campus de Elviña para falar xa da quinta edición dos campamentos STEM cos que se tenta fomenta-la vocación tecnolóxica nos rapaces entre 6 e 12 anos, sobre todo, das nenas. Alí aténdenos Virginia Mato, da Cátedra Aldaba, promotora do campamento e recentemente premiada polo Consello Profexional de Inxeneria Informática de Galicia. Tamén falamos do qué se fai día a día con Clara Santos, unha das monitoras. E con varias das participantes: Marina, Elisa, Julia, Carmen, Elena e Aldara. As nenas representan máis dun 60% dos 100 rapaces inscritos.
Participantes e monitores do V Campamento TIC organizado pola Cátedra Aldaba na Facultade de Informática da UDC