Afundación acolle o IV Festival Internacional de Animación, Imaxinaria, con Alberto Vázquez dirixindo e lucindo o seu quinto premio Goya
Alberto Vázquez detallounos a programación desta edición do festival que, ademáis, ten un carácter solidario, porque a recadación irá destinada ó Banco de Alimentos da Provincia da Coruña. O seu presidente, Manuel Mora, tamén estivo na presentación. Cada entrada ten un custo de 2 euros e xa están á venda en Ataquilla.com. Vázquez ven de gañar o seu quinto Goya coa longametraxe Decorado, que se proxectará o vindeiro día 11 de marzo. Tamén participan nesta edición duas candidatas ós Óscar.
Alberto Vázquez, Marité Cores co premio Goya gañado por Vázquez, Matilde Rodríguez e Manuel Mora, na presentación do Imaxinaria 2026