Sanidade

BNG urxe a Xunta a blindar o dereito á sanidade pública

Os nacionalistas anuncian campañas de rúa en Ourense

Paco Sarria

Ourense |

BNG urxe á Xunta a blindar o dereito á sanidade pública | onda cero ourense

O Bloque Nacionalista Galego alertou hoxe da situación de "deterioro e crise" na que se atopa a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, urxindo ó goberno galego á adopción de medidas para "blindar o dereito á sanidade pública"

Os nacionalistas presentaron un informe de fiscalización do Consello de Constas sobre a asistencia sanitaria na provincia que calificaron de "demoledor" e anunciaron que intensificarán as campañas de rúa co propósito de mellorar as dotacións, así como a presentación de iniciativas parlamentarias.

Compareceron os parlamentarios Iago Tabarés, Sonia Vidal e Noa Presas.

Presas explicou que no informe recólles como van en aumento os problemas na área sanitaria; especialmente en urxencias e na UCI onde ten habido protestas, así como o incremento das mesmas por falla de pediatras en atención primaria en localidades como Pereiro de Aguiar, Xinzo de Limia, O Barco de Valdeorras ou O Carballiño.